Czas  3 godzin 30 minut

Współrzędne 958

Uploaded 4 listopada 2019

Recorded listopada 2019

-
-
338 m
216 m
0
2,8
5,6
11,11 km

Obejrzane 80 razy, pobrane 8 razy

w pobliżu Cabral, Galicia (España)

A páxina web Camiño a Camiño do concello de Vigo, di sobre este sendeiro local:

“O Sendeiro Local de Cabral discorre polos variados montes de Cabral, atravesando corredoiras e camiños que permiten ver soutos de castiñeiros, o arboreto situado detrás do IFEVI, as plantacións de O Cotiño e O Gorxal, áreas de explotación forestal e o contraste entre o monte coidado pola Comunidade de montes de Cabral e algúns montes de particulares completamente abandonados.

Dada a súa confguración pódese principiar en distintos lugares: no arboreto, na Estrada do Tranvía, no campo de fútbol de Santa Marina ou no Gorxal. En calquera caso trátase dunha experiencia intensa da convivencia do monte cos espazos urbanizados.”

Unha das zonas máis interesantes pola que pasaremos é o parque forestal de Cotogrande ou Liñeiriños, na Becerreira. Cabral é unha das parroquias máis verdes de Vigo e a única, xunto con Valadares, con 2 parques forestais. Un, Bandeira, é o máis pequeno de Vigo, con apenas 10.000 m², pero o outro, o parque forestal de Becerreira, é un dos máis espectaculares da cidade, cunhas vistas impresionantes e unha agradable zona de recreo e grellas. Cada ano, a finais de verán, celébrase nel a Festa do Pan de Millo.

View more external

Piknik

Area de lecer

Área de lecer ao carón da Asociación Cultural da Becerreira.
Provisioning

Asociacion Cultural

Asociación cultural no barrio de A Becerreira, Cabral.
zdjęcie

Camiño 1

Camiño no barrio de O Gorxal.
zdjęcie

Camiño 2

Camiño no barrio de A Becerreira.
zdjęcie

Camiño 3

Camiño en Cotogrande.
zdjęcie

Campo futbol

Campo de fútbol do clube Santa Mariña, en Liñeiriños.
drzewo

Carballeira

Bosque de carballos na Becerreira.
Waypoint

Comezo Cabral

Punto de inicio no barrio de O Gorxal, preto do cimeterio de Cabral.
drzewo

Cotogrande

Parque forestal en Cabral. Tamén recibe o nome de Liñeiriños.
fontanna

Fonte lavadoiro

Fonte e lavadoiro no barrio de Becerreira, Cabral.
fontanna

Fonte lavadoiro Gorxal

Fonte e lavadoiro no barrio de O Gorxal, ao comezo da ruta.
zdjęcie

Sendeiro GR-53

Sendeiro panorámico de Vigo.
zdjęcie

Horreo

Canastro que atopamos no percorrido.
zdjęcie

IFEVI

Instituto Ferial de Vigo.
zdjęcie

Lavadoiro

Lavadoiro na Avenida de Santa Mariña.
drzewo

Piñeiral 1

Bosque de piñeiros na Becerreira.
drzewo

Piñeiral 2

Bosque de piñeiros en Cotogrande.
Jezioro

Presa

Represa de auga para regadío na Becerreira.
Rzeka

Rego

Pequeno regato que vaise unir con outro que baixa desde o Gorxal e desemboca no río Lagares.

Komentarze

    You can or this trail