Pobierz

Długość śladu

11,02 km

Poziom trudności

Średni

zejść

210 m

Max elevation

143 m

Trailrank

44

Min elevation

21 m

Trail type

Loop

Czas

4 godzin 4 minut

Współrzędne

2067

Uploaded

8 czerwca 2020

Recorded

maja 2019
Be the first to clap
Share
-
-
143 m
21 m
11,02 km

Obejrzane 130 razy, pobrane 6 razy

w pobliżu Tombo, Galicia (España)

Ruta realizada no mes de maio, xa sen un caudal excesivo no río e co intención de non termos problemas para cruzar o río polos pasos de Portamuíños. No mes de xaneiro do ano anterior os pasos practicamente nin se vían, totalmente somerxidos na auga, feito que nos obrigou a improvisar e ir avanzando pola mesma beira do río até que nos sorprendeu a fermosura dos saltos da zona das Fervenzas co tremendo caudal co que baixaba o Almofrei (ver variante: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/variante-senda-rio-almofrei-portamuinos-cos-pasos-desbordados-de-auga-50785253).

Comezamos a andaina en Ponte Bora (Concello de Pontevedra), perto da estación de ITV, pouco antes de que o Almofrei chegue ao Lérez (é o seu principal afluente), onda o desvío da N-541 (Pontevedra-Ourense) cara a Marcón (PO-542). Os restos dun panel informativo sinalan o inicio da ruta. Dous quilómetros á beira do río lévannos até os pasos de Portamuíños: se no primeiro intento estaban cubertos de auga, impracticábeis, e mesmo tardamos en dar con eles, desta vez eran ben visíbeis, pero a corrente levara por diante un par de pasos, co que nos vimos obrigados a descalzarnos e remangar os pantalóns para pasar á outra beira. Contando con esa continxencia, levamos toallas e escollemos un día de temperatura agradábel.

En pouco tempo imos pasando polas Leiras de Abaixo, a ponte das Leiras, As Leiras... o lugar de Ameixales (xa no km 4 da ruta) coa fonte da Canliña á saída da aldea. No km 5,5 da ruta podedes ver que nos desviamos para dirixirnos a unha zona elevada na que se supón que dariamos cun bo miradoiro, mais as vistas están cegadas polas árbores e o miradoiro que puidese haber en tempos xa non debe ser tal, así podemos evitar ese desvío e aforrar uns 800 metros.

Despois de termos atravesado algunha zona de bosque interesante, achegámonos as partes máis espectaculares da andaina, xa na zona das Fervenzas: diversos saltos no Almofrei refréscannos a vista. Aquí o río marca a división entre Bora e Almofrei, ou o que é o mesmo neste caso, entre Pontevedra e Cotobade agora (Cerdedo-Cotobade). Entre as dúas zonas de saltos ás que nos asomamos, o muíño das Fervenzas. Na segunda zona de saltos hai colocada unha corda de seguridade que nos permite movernos máis doadamente onda o maior dos saltos, que forma unha gran poza mesmo na curva do río.

O regreso realizámolo á beira do río, pola marxe esquerda (dous quilómetros ben chulos con bastante vexetación) até os pasos de Portamuíños e outros dous ao inicio da ruta), cunha breve parada no muíño da Bouza.
Rzeka

Pasos de Portamuíños

Waypoint

Leiras de Abaixo

Most

Ponte das Leiras

Waypoint

As Leiras

Waypoint

Ameixales

Źródło

Fonte da Canliña

Waypoint

Muíño

Wodospad

Salto (río Almofrei)

Wodospad

Saltos (río Almofrei)

Waypoint

Muíño da Bouza

Komentarze

    You can or this trail