-
-
1 110 m
883 m
0
6,5
13
25,94 km

Obejrzane 1771 razy, pobrane 19 razy

w pobliżu A Mezquita, Galicia (España)

Ruta BTT 5 do invento este de Portas de Galicia (sen comentarios). Seguín o recorrido de Elaryas, que fixo un pequeno desvío en Chaguazoso (coido que mellor non, porque hai unha canella chea de maleza e de auga) e achegándose ata a Fraga (ou Penedo, ou Pedra) dos Tres Reinos (plenamente recomendable, este si). O percurso está ben sinalizado e, en xeral, limpo. É una ruta ben interesante, polo menos para facer entrada a primavera, cos soutos e touzas dun verde admirable. Supoño que estará ben tamén no outono. Coido que en días de forte sol e calor pode ser dura en certos treitos despexados de arboreda. Destacar tamén a beleza dalgúns recantos das aldeas que atravesa e a actitude acolledora dos (poucos) habitantes que aínda viven nelas.

1 comment

  • Tío_Pepe 2015-05-31

    Marca na Fraga dos tres reinos. No lado portugués. https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-da-fraga-dos-tres-reinos-a-mezquita-9834362/photo-5893034

You can or this trail