Współrzędne 1450

Uploaded 11 sierpnia 2015

Recorded sierpnia 2015

-
-
739 m
447 m
0
3,9
7,8
15,57 km

Obejrzane 2049 razy, pobrane 107 razy

w pobliżu Luintra, Galicia (España)

No comezo deste roteiro, ao carón do cuartel da Guardia Civil, en Luintra, lemos no cartel informativo:

"Maquino Largaño significa "camiño longo" no argot dos afiadores, o Barallete. Este percorrido circular iníciase no núcleo de Luintra, capital do concello de Nogueira de Ramuín. Esta ruta levaranos por diferentes paisaxes, percorrendo a beira do Canón do Sil, bosques de carballos ou bidueiros, e diferentes aldeas. A ruta transcorre por camiños e pistas de terra, case sempres baixo arborado, con pendentes suaves. Visitaremos varias aldeas do municipio, as Mámoas da Moura, o mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil e un tramo do Canón do Sil pertencente á Rede Natura."

"O Barallete é una língua creada polos afiadores da zona de Nogueira de Ramuín có fin de que os alleos ó oficio da tarazana (roda de afiar) non entendesen as súas conversas.
Con este idioma propio, podían falar libremente en calquera lugar e diante de calquera persoa. Co paso do tempo, outros oficios ambulantes como os paragüeiros de Ourense tamén adoptaron este xeito de falar.
O Barallete baséase no galego popular da zona de Nogueira de Ramuín, incluíndo palabras de uso cotián e outras propias do oficio de afiador. A maoioría das palabras son substantivos e adxectivos que non teñen nada que ver coa palabra utlizada en galego para designar a mesma cousa ou calidade."

Puntos de especial mención son:

Penedos do Castro:

Xacemento arqueolóxico do Bronce Final (séc. VI a.C.) que se estende pola Idade de Ferro, sen vestixios de romanización e logo reocupado ao final da antigüedade durante a época suevo-visigoda. A súa ocupación dura ata a Baixa Idade Media (séc. XIV - XV). A súa función era vixiar os accesos a Santo Estevo e servir de refuxio en caso de perigo. Entre os vestixios que podemos contemplar destacan a impoñente muralla ciclópea datada do Bronce Final, e a inscripción do século VI, localizada na coroa do xacemento e que fai referencia ao rei visigodo Leovixildo.


Mosteiro e igrexa de Santo Estevo de Rivas de Sil:

A fundación deste mosteiro beneditino situado nunha agreste paraxe atribúeselle a San Martiño Dumiense na época sueva. O mosteiro foi reedificado no século XII e desde entón sufriu numerosas transformacións. A última delas para acoller o novo Parador Nacional. A igrexa do mosteiro é románica do século XII, de planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares con bóvedas de cruzaría, porén a súa fachada é barroca. O mosteiro ten elementos arquitectónicos románicos, renacentistas e barrocos. Son importantes os tres claustros do mosteiro: Claustro dos Bispos, o máis antigo, o Claustro da Portería e o Claustro Pequeño.

Souto de Santo Estevo e Camiños Naturais:

Entre o mosteiro e hasta case chegar a aldea de Paredela hai un abraiante bosque de castiñeiros que era propiedade do mosteiro e no que podremos ver algún sequeiro, construción de pedra na que se puñan as castañas a secar. As aldeas dos arredores están ligadas con Santo Estevo por antigos camiños nos que o paseante vai gorecido por una vizosa arboreda caducifolia.

Aldeas de Paradela e Biduedo:

Paradela é un balcón natural cunhas vistas excelentes do mosteiro e da aldea de Santo Estevo de Ribas de Sil. O punto panorámico é un dos seus principales atractivos e ofrece a posibilidade de admirar a categoría arquitectónica do conxunto monumental de Santo Estevo.
O nome de Biduedo está vinculado aos extensos bosques de bidueiros, ou bidueirais, que poboaron os campos e montes da aldea noutras épocas. O centro da vila é unha gran praza con antigos edificios de pedra de cantería e unha interesante agrupación de hórreos de pedra e madeira.

Mámoas de As Cabanas:

É un conxunto de sete enterramentos monumentais que se datan entre o 4500 e o 2000 a.C. O cemiterio sitúase no tramo final da divisoria de augas entre os vales do Miño e do Sil aproveitando unha pequena penachaira delimitada por tres grandes afloramentos graníticos. Están situadas na parroquia de Moura.

View more external

zdjęcie

Alboio

Construción que hai na congostra entre Paradela e Biduedo.
zdjęcie

Baldomar

Pequena aldea ao norte de Luintra, moi preto.
zdjęcie

Biduedo

Núcleo de poboación cuxo nome provén dos abondosos bosques de bidueiros que aquí había.
drzewo

Bidueiral 1

Bosque de bidueiros.
drzewo

Bidueiral 2

Bosque de bidueiros entre Luintra e Pombar.
drzewo

Bidueiral 3

Bosque de bidueiros preto de aldea de Biduedo.
zdjęcie

Cabaceiro

Pequeño hórreo circular na aldea de Pombar.
zdjęcie

Camiño

Camiño na aldea de Mundín.
zdjęcie

Camiño empedrado

Camiño empedrado entre Santo Estevo e Paradela.
zdjęcie

Camiño Natural Ribeira Sacra

Camiño a Santo de Estevo ao seu paso por Pombar.
zdjęcie

Camiño Natural Sto Estevo

Camiño que leva a Santo Estevo.
zdjęcie

Camiño Sto Estevo

Camiño Natural entre Pombar e Santo Estevo.
Architektura sakralna

Capela Nosa Sra das Neves

Capela na aldea de Pombar.
Architektura sakralna

Capela San Lourezo

Capela na aldea de Biduedo.
drzewo

Carballeira

Bosque de carballos en Paradela.
drzewo

Carballeira Mundin

Carballeira no lugar de Mundín, preto de Luintra.
Ruiny

Casa en ruinas

Ruinas dunha casa de pedra nas aforas de Biduedo.
Waypoint

Comezo Maquino

Punto de inicio do sendeiro, ao carón do cuartel da Guardia Civil en Luintra.
zdjęcie

Congostra

Corredoira entre Paradela e Biduedo.
zdjęcie

Corredoira

Congostra na parte alta de Pombar.
fontanna

Fonte

Fonte de auga potable no centro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
drzewo

Fraga

Vizosa fraga entre Pombar e Santo Estevo de Ribas de Sil.
Waypoint

Garderia

Gardería infantil A Galiña Azul, en Luintra.
Architektura sakralna

Igrexa Sto Estevo

Igrexa románica, do século XII, de tres naves e tres ábsidas.
zdjęcie

Lavadoiro

Lavadoiro no lugar de Biduedo.
zdjęcie

Lavadoiro Pombar

Lavadoiro público na aldea de Pombar.
Provisioning

Luintra

Capital do concello ourensán de Nogueira de Ramuín. Lugar de comezo do sendeiro.
Stanowisko archeologiczne

Mamoas das Cabanas

Necrópole neolítica na parroquia de Moura e que se remonta ao 2000 - 3000 a.c.
fontanna

Mina auga 1

Mina de auga na aldea de Pombar.
fontanna

Mina auga 2

Mina de auga en Biduedo.
zdjęcie

Monteverde

Lugar no concello de Nogueira de Ramuín, preto de Luintra.
Architektura sakralna

Mosteiro Sto Estevo

Mosteiro beneditino fundado por San Martiño Dumiense na época sueva. Foi reedificado no século XII.
zdjęcie

Mundin

Lugar moi preto de Luintra.
zdjęcie

Os Castelos

Grandes penedos graníticos entre Monteverde y Baldomar.
panorama

Paradela

Aldea con boas vistas obre o Sil e o mosteiro de Santo Estevo.
Waypoint

Pasarela

Pasarela de madeira para salvar un pequeño rego no camino que vai de Santo Estevo a Paradela.
zdjęcie

Penedos

Grandes bolos graníticos preto de Mundín.
Stanowisko archeologiczne

Penedos do Castro

Castro correspondente as idades do Bronce (finais) e Ferro e volto a ocupar durante a Baixa Idade Media.
zdjęcie

Pombar

Lugar por riba de Santo Estevo de Ribas de Sil. Ten una pequena capela.
zdjęcie

Rocha cabaleira

Penedo granítico preto do bibueiral de Mundín.
Ruiny

Ruinas

Construción de pedra en ruinas. Entre Paradela e Biduedo.
Ruiny

Ruinas casa

Vella casa en ruinas, entre Mundín e Pombar.
Ruiny

Sequeiro

Construción de pedra para o secado das castaños. Está no souto de Santo Estevo.
drzewo

Souto Sto Estevo

Bosque de castaños que era propiedade do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Architektura sakralna

Sto Estevo

Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín. Conta no seu patrimonio coa igrexa románica de Santo Estevo e máis co mosteiro anexo, hoxe Parador Nacional.

3 Opinie

  • Zdjęcie jesussimon

    jesussimon 2015-08-13

    Este sendeiro, xa de forma prematura, presenta algún síntoma de falla de mantemento: a corredoira que logo de pasar o bidueiral de Mundín leva a Pombar está invadida por fentos de bo porte que hai que ir apartando e o outro punto de abandono é o treito de camiño que comunica as Mámoas do Castro con Monteverde que está totalmente cegado e que hai que facer totalmente por uns 1200 metros por estrada.

    É de agardar que non remate coma os outros sendeiros que había en Nogueiro de Ramuín e que ao día de hoxe están comidos polo mato.

    Dito o anterior, estos pequenos atrancos non restan nada o interese desta fermosísima ruta.

  • Zdjęcie Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

    Consorcio de Turismo Ribeira Sacra 2015-08-27

    Boas tardes Jesús, moitas grazas polo teu comentario e pola descrición que fas da ruta. Falamos esta semana co concello e confirmaronnos que eses tramos se rozaron fai un par de semanas.
    O certo e que eses dous tramos precisan bastante mantemento xa que se rozaron en setembro do ano pasado despois de varios anos pechados.
    Un saúdo.

  • Zdjęcie jesussimon

    jesussimon 2015-08-28

    Alédome moitísimo que este percorrido non caia no abandono, sería unha perda importante pola posibilidade que nos brinda de contemplar engaloiantes paixases e monumentos senlleiros.
    Sei que custa mantelos limpos pola vizosa vexetación que tende a invadilo todo.
    Parabéns pola iniciativa.

You can or this trail