Czas  4 godzin 19 minut

Współrzędne 2272

Uploaded 6 kwietnia 2015

Recorded marca 2015

-
-
397 m
101 m
0
3,8
7,6
15,3 km

Obejrzane 1153 razy, pobrane 20 razy

w pobliżu Camos, Galicia (España)

Combinando algunhas rutas de pequeno percorrido do Concello de Nigrán coa subida ao monte Castelo e cortando por algúns camiños de xeito bastante intuitivo, saíunos un paseo de domingo bastante aceptábel.
O sendeiro dos Matos é moi recomendábel para facer excursións cos nenos, sobre todo en épocas do ano en que aínda hai auga bastante polo monte. Segue o cauce do río Muíños, está ben marcado e ten varios paneis informativos. Non debe de superar os 3,5 km.
O miradoiro que aparece indicado na ruta é un recheo e un desterro que se fixeran canda as obras da autoestrada do Val Miñor, coa idea peregrina de montar unha área de servizo nunha autoestrada ben curtiña. Logo trataron de acondicionalo como merendeiro, cunha chea de mesas de pedra, e plantaron bastantes árbores que non foron arriba. Iso si, como miradoiro ten unha panorámica moi fermosa sobre o Val Miñor, coa enseada de Panxón e praia América, a baía de Baiona...
A mágoa que nos quedou é que no cumio do monte Castelo os eucaliptos pechan case que toda a vista. Cada vez máis lugares que hai anos estaban ben limpos e resultaban ser atalaias espectaculares, hoxe non serven nin para controlar posíbeis focos de lumes forestais.
Para o retorno, ademais do sendeiro dos Matos, aproveitamos parte do que era a circular de Priegue, até algo máis alá da fonte da área recreativa, principalmente para non volver polo mesmo camiño.
Architektura sakralna

Capela de san Roque

Capela de san Roque
Waypoint

Sendeiro dos Matos

Inicio do camiño dos Matos
Waypoint

Muíño

Muíño
panorama

Miradoiro

Miradoiro
Waypoint

Circuíto

Circuíto de motocross
szczyt

Monte Castelo

Cumio do monte Castelo
Waypoint

Sendeiro dos Matos

Acceso ao camiño dos Matos
Most

Pontella

Pontella sobre o río Muíños no camiño dos Matos
Waypoint

Muíño dos Matos

Muíño dos Matos
Waypoint

Acceso ao camiño dos Matos

fontanna

Área recreativa e fonte

Área recreativa e fonte

Komentarze

    You can or this trail