Czas  4 godzin 50 minut

Współrzędne 2037

Uploaded 6 grudnia 2018

Recorded grudnia 2018

-
-
502 m
259 m
0
3,4
6,9
13,7 km

Obejrzane 289 razy, pobrane 21 razy

w pobliżu Remonde, Galicia (España)

Ruta no concello lucense de Palas de Rei, con saída dende o Castelo de Pambre.
Ruta moi recomendable, pero tendo en conta a dificultade das Torrentes de Mácara no río Ulla, cando as rochas están molladas.
En fronte do Castelo un camiño a esquerda levanos a carón do río Pambre; cando levamos 600 metros damos a volta o castelo (pòdese evitar seguindo o mesmo camiño) e no km 1,5 cruzamos o río Pambre por unha ponte de pedra. Seguimos por camiños de terra e pola beira do Pambre ata atoparnos coa estrada CP-4008; tan só uns metros máis adiante despois de cruzar unha ponte sobre o Pambre, atoparemos a dereita un indicador das Torrentes do Mácara.
Despois dunha fermosa carballeira no km. 5 atoparémonos co río Ulla e coas Torrentes do Mácara. Por un estreito carreiro entre rochas (difícil e perigoso se choveu recentemente) percorreremos as espectaculares Torrentes de Mácara, no km. 7,4 abandoaremos a beira do río o atopar pechado o camiño (peche ilegal ?) e as brañas con moita auga. De seguir a carón do río, 700 metros máis adiante atoparíamos o balneario en ruínas de Frádegas.
No noso caso subimos polo monte ata un camiño que nos levou o balneario. Dende Frádegas voltamos por camiños de terra ata o Castelo de Pambre.

A única dificultade da ruta atópase a beira do río Ulla, nas Torrentes de Mácara, principalmente se choveu recentemente; hai que facelo moi amodo e pendentes de non esbarar; os 2,5 km. a carón do río Ulla levounos 1h. 45´.

Distancia: 13,7 km.
Tempo total: 4h. 50´ (2,83 km/h.)
Tempo en movemento: 3h. 15´ (4,2 km/h.)
Waypoint

Carballeira

Waypoint

Castelo de Pambre

Waypoint

Frádegas

Waypoint

Indicador as Torrentes de Mácara

Waypoint

Pambre

Waypoint

Pechado

Waypoint

Ponte

Waypoint

Ponte sobre o Pambre Cp-4008

Waypoint

Pozo negro

Waypoint

Río Pambre

Waypoint

Río Ulla

Waypoint

Árbol caído

Komentarze

    You can or this trail